jueves, 14 de octubre de 2021

TEMPO AO TEMPO

Empezamos un novo proxecto, cheos de ganas, nervios e ilusión, como cada trimestre. 

Nesta ocasión a clase estaba ambientada con moitos aspectos diferentes, relacionados cos reloxos, co tempo e coas etapas da vida. 








Deste xeito, tras un primeiro contacto na aula, pasamos a outra parte do cole na que había preparado un pequeno circuito que tivemos que recorrer poñéndonos na pel dun bebé, despois dun adulto e finalmente dunha persona maior con menos mobilidade. 





A continuación, na clase, puxémonos nos zapatos doutra persona "literalmente", xa que coa axuda das familias todos poidemos experimentar o que se sinte calzando os zapatos doutra persoa máis grande ca nós. A quen non lle gustaba esa sensación de calzar os zapatos de mamá ou papá cando eramos cativos? Algo tan sinxelo fíxonos moi felices e serviunos para introducirnos no proxecto un pouquiño máis. 


Fai clic na imaxe para ver máis. 

Finalmente, na clase levamos a cabo a metacognición inicial, que é o proceso a través do que reflexionamos sobre todo o que acaba de acontecer e pensamos no que queremos aprender ao longo do proxecto. 

Un primeiro día moi intenso que nos introduciu neste proxecto de cheo. Todos atentos porque seguiremos informando!