Unha parte importante do noso proxecto consiste en coñecer as diferentes formas en que medimos o tempo, e unha delas son os meses do ano.
Nós xa sabemos a orde dos meses, pero nesta ocasión fixemos unha pequena investigación coa axuda das familias, e tamén buscando na clase información sobre cada un deles.
Buscar información na internet non é doado, xa que non toda é válida, e ademais hai que saber que escribir no buscador. Por esta razón, na clase practicamos que era o que tiñamos que escribir e como facelo. Deste xeito, aprendemos a investigar dunha forma guiada, para pouco a pouco ser máis independientes nas tarefas que nos encomendan.
Fixemos un bo traballo en equipo que finalmente rematamos expoñendo a toda a clase.
Fai clic na imaxe para ver máis. |