Ao longo deste 2º trimestre, unha das cousas que aprendemos e traballamos en Lingua Galega foron as receitas.
Para aprender dunha maneira un pouco máis divertida, e tamén practicar o galego, decidimos facer un recetario facendo todas as nosas comidas favoritas.
Desfrutamos moito facéndoas e tamén divertímonos moito vendo as receitas de todos os nosos compañeiros e compañeiras na clase!
Deixámosvos aquí unha copia para que tamén poidades ver o noso traballo. Agardamos que vos guste e que o pasedes tan ben coma o pasamos nós facéndoo!