lunes, 25 de abril de 2022

TARDE PIACHES!

Hoxe comenzamos o último proxecto deste curso. Chegamos ao cole e coma sempre, todo estaba cambiado e pronto averiguamos que este trimestre traballaremos os animais.


O primeiro que fixemos foi o reto desafío, que é unha actividade que nos motiva a aprender máis cousas sobre o proxecto. Nesta ocasión tocou muxir unha vaca... ou algo parecido...




Co leite que conseguimos "muxir" despois fixemos un batido que non so tomamos nós, senón que tamén compartimos co resto de profes do cole. 


Fai clic na imaxe para ver máis. 

Rematamos a xornada coas reflexións finais que facemos sempre en relación ao proxecto. 

Primeiro, unha rutina de pensamento sobre a actividade do reto - desafío, e despois coa metacognición inicial que nos axuda a reflexionar sobre o traballo que faremos ao longo do proxecto. 

Unha xornada moi productiva e na que nos preparamos para todo o que está por chegar!