lunes, 17 de enero de 2022

MISIÓN: SALVAR O PLANETA

Chegou o ansiado día no que comenzamos un novo proxecto. Chegamos ao cole e todo estaba cambiado e cunha decoración que rapidamente fixo que se escoitaran comentarios sobre o medio ambiente, a natureza e a reciclaxe...





Empezamos co reto - desafío, que é a primeira actividade que sempre realizamos ao inicio dun proxecto. Nesta ocasión tivemos que limpar un montón de lixo que estaba ensuciando o noso colexio e clasificalo nos diferentes colectores. 



Tras recoller todo o lixo comprobamos que a clasificación estivese ben realizada e rematamos cunha rutina de pensamento que se chama: COLOR - SÍMBOLO - IMAXE (CSI) e conseguimos o primeiro selo no noso pasaporte de traballo que se irá enchendo a medida que o proxecto vaia avanzando. 


  

Continuamos copiando os fíos condutores do proxecto no noso novo porfolio, que nesta ocasión será nunha libreta, ao igual que os maiores, decorando a tarefa 0 e facendo a metacognición inicial como ao inicio de cada proxecto.



Fai clic na imaxe para ver máis.