miércoles, 9 de marzo de 2022

TRABALLAMOS NO NOSO XORNAL

Este ano entre todo o colexio publicaremos a segunda edición do Xornal "A Voz do Neno". 

A nosa clase terá que preparar unha das seccións deste xornal e por iso hoxe empezamos a preparar todo para que a nosa parte estea lista a tempo. 

Deixámosvos algunhas fotos do traballo de hoxe. 







martes, 8 de marzo de 2022

TALLER DE AQUOLOXÍA

Hoxe recibimos a visita de Noelia, unha experta en auga que traballa en Viaqua e que levou a cabo un taller de Ciencia Divertida na nosa clase. 

Con ela repasamos o ciclo natural da auga, explicounos con máis profundidade o ciclo urbano da auga, fixemos xogos interactivos nos que aprendemos os usos adecuados da auga no fogar e no cole a través de diferentes situacións, fixemos experimentos...

Este taller serviunos para consolidar os contidos traballados nas primeiras tarefas do proxecto e para aprender moitas máis cousas da man de Noelia, unha experta en auga. 

Gracias a Viaqua por deixarnos participar neste tipo de experiencias que tanto nos gustan e motivan dentro dos proxectos!

Deixámosvos por aquí algunhas fotos do día de hoxe

Fai clic na imaxe para ver máis. 



lunes, 7 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Hoxe empezamos a celebrar no colexio a Semana da Prensa. Ao longo de toda a semana teremos múltiples actividades programadas en cada curso, atendendo á idade de cada nivel. 

Empezamos por analizar unha noticia e observar por un lado, as súas partes, e por outro, tratamos de buscar a resposta ás preguntas básicas que debe tratar unha noticia. 



Ao final da sesión buscamos noticias nun xoral tratando de atopar os titulares, o corpo da noticia e os pés de foto de cada unha delas. 

Seguiremos contándovos ao longo da semana todo o traballo que vaiamos realizando.








PREGUNTAS CREATIVAS

Hoxe traballamos a través dunha rutina de pensamento que se chama "Preguntas creativas". Este tipo de rutina consiste en pensar preguntas coherentes e elaboradas, para poder facerlle a un experto que nos visitará proximamente. 

Despois compartimos as nosas preguntas con toda a clase para ver si podiamos responder a todas ou si debiamos esperar ao experto. 




viernes, 4 de marzo de 2022

A AUGA NO MUNDO

Comenzamos a terceira tarefa do noso proxecto e nela traballaremos o reparto de auga no mundo e analizaremos os múltiples problemas que hai en relación a ela. 

Hoxe fixemos unha actividade de búsqueda de información na que aprendemos a porcentaxe de agua doce e salgada do mundo, como afecta a escaseza de auga potable ao ser humano ou canto tardan en biodegradarse algúns productos. 

Finalmente rematamos autoavaliando o noso traballo. 

Deixámosvos algunhas fotos da xornada de traballo. 











ORIENTACIÓN ESPACIAL

Traballamos a orientación espacial á vez que continuamos incorporando coñecementos de educación vial e sostenibiilidade. 

Fixémolo gracias a un tapete especial e un pequeno robot co que poidemos asentar os contidos que xa empezamos a traballar a semana anterior co corredor activo. 

Unha actividade sinxela e que nos gustou moito.










miércoles, 2 de marzo de 2022

MISIÓN: SALVAR O PLANETA

A motivación dentro do día a día é unha parte fundamental para traballar cos peques. 

Por esta razón, dentro do noso proxecto tiñamos unha misión moi especial que era conseguir seis selos dentro do pasaporte que lles demos o primeiro día do proxecto. 

Ao realizar certas actividades dentro do proxecto foron conseguindo os selos para poder realizar a actividade final.