Hoxe empezamos a celebrar no colexio a Semana da Prensa. Ao longo de toda a semana teremos múltiples actividades programadas en cada curso, atendendo á idade de cada nivel.
Empezamos por analizar unha noticia e observar por un lado, as súas partes, e por outro, tratamos de buscar a resposta ás preguntas básicas que debe tratar unha noticia.
Ao final da sesión buscamos noticias nun xoral tratando de atopar os titulares, o corpo da noticia e os pés de foto de cada unha delas.
Seguiremos contándovos ao longo da semana todo o traballo que vaiamos realizando.