Hoxe recibimos a visita de Noelia, unha experta en auga que traballa en Viaqua e que levou a cabo un taller de Ciencia Divertida na nosa clase.
Con ela repasamos o ciclo natural da auga, explicounos con máis profundidade o ciclo urbano da auga, fixemos xogos interactivos nos que aprendemos os usos adecuados da auga no fogar e no cole a través de diferentes situacións, fixemos experimentos...
Este taller serviunos para consolidar os contidos traballados nas primeiras tarefas do proxecto e para aprender moitas máis cousas da man de Noelia, unha experta en auga.
Gracias a Viaqua por deixarnos participar neste tipo de experiencias que tanto nos gustan e motivan dentro dos proxectos!
Deixámosvos por aquí algunhas fotos do día de hoxe.
Fai clic na imaxe para ver máis. |