jueves, 28 de febrero de 2019

Semana Cultural no Seminario Menor

Esta semana tivemos a gran sorte de poder desfrutar dalgunhas actividades xunto aos nosos compañeiros do Seminario Menor. 

Con motivo da celebración da súa Semana Cultural na honra de San Rosendo acudimos a algunhas actividades nas que fixemos desde gamificación ata unha tarde de xogos e deporte. 

Moitas gracias aos nosos compañeiros por invitarnos e ternos sempre en conta nas súas celebracións!

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades que ben o pasamos!

Fai clic na imaxe para ver máis.






O Meco manda... 4

"Se o xoves o corpo queres quecer, bata da casa terás que poñer"





miércoles, 27 de febrero de 2019

O Meco manda... 3

"Se o mércores elegante queres ir, algo no pescozo debes lucir"





Liña do tempo

Continuando co proxecto do tempo, nesta ocasión aprendemos o que son as liñas do tempo, e a través dunha aplicación que se chama Time Line, cada un de nós fixo a súa propia liña do tempo dun día na súa vida. 

Nela recollemos todas as actividades que facemos ao longo dun día, a hora á que as facemos e ademais aprendemos a situarnos temporalmente e a calcular o tempo que nos leva cada unha delas. 

Un traballo moi completo que ao principio nos causou certas confusións pero que finalmente conseguimos resolver con moita soltura. 





martes, 26 de febrero de 2019

Presente, pasado e futuro

O noso proxecto continúa, e nesta nova tarefa estamos traballando a conxugación dos verbos en pasado, presente e futuro, tratando de diferenciar estes tres momentos. 

Para comenzar con estes contidos decidimos facer un xogo que nos axude a introducirnos neste amplo mundo dos verbos. 

Por esto, hoxe na clase xogamos ao "Verbichís", un parchís cheíño de verbos no que segundo a cor do segundo dado deberemos conxugar o verbo no que a nosa ficha caiga en pasado, presente ou futuro. 

Non hai mellor forma de aprender que xogando, e hoxe a clase foi unha festa, pero eso si, aprendendo un montón sobre verbos. 





O Meco manda... 2

"O martes para cómodo estar zapatillas da casa vas levar"



Lectura

Continuamos co proxecto de lectura en voz alta semanal. Nesta ocasión e aproveitando o tempo que nos acompaña fixémolo nun dos claustros internos do noso cole.

Foi divertido modificar a localización e isto axúdanos a practicar a lectura en diferentes escenarios e a enfrentarnos a novos retos como é o de ler ao aire libre.