miércoles, 27 de febrero de 2019

Liña do tempo

Continuando co proxecto do tempo, nesta ocasión aprendemos o que son as liñas do tempo, e a través dunha aplicación que se chama Time Line, cada un de nós fixo a súa propia liña do tempo dun día na súa vida. 

Nela recollemos todas as actividades que facemos ao longo dun día, a hora á que as facemos e ademais aprendemos a situarnos temporalmente e a calcular o tempo que nos leva cada unha delas. 

Un traballo moi completo que ao principio nos causou certas confusións pero que finalmente conseguimos resolver con moita soltura.