O noso proxecto continúa, e nesta nova tarefa estamos traballando a conxugación dos verbos en pasado, presente e futuro, tratando de diferenciar estes tres momentos.
Para comenzar con estes contidos decidimos facer un xogo que nos axude a introducirnos neste amplo mundo dos verbos.
Por esto, hoxe na clase xogamos ao "Verbichís", un parchís cheíño de verbos no que segundo a cor do segundo dado deberemos conxugar o verbo no que a nosa ficha caiga en pasado, presente ou futuro.
Non hai mellor forma de aprender que xogando, e hoxe a clase foi unha festa, pero eso si, aprendendo un montón sobre verbos.