lunes, 22 de octubre de 2018

Aprendendo a estudar

A estas alturas do proxecto, estamos xa traballando de cheo co obxectivo de aprender moitas cousas sobre os animais.

A semana pasada clasificámolos atendendo a diferentes criterios - como nacen, o que comen, onde viven... - e fixémolo a través dun mapa conceptual.

Era a primeira vez que faciamos un, e a verdade é que ao principio non tiñamos nin idea do que era iso de poñer palabras importantes, de unilas con liñas... pero pouco a pouco e traballando en equipo conseguimos ir entendendo mellor de que se trataba.

Para axudarnos nestra tarefa, fixemos o mapa conceptual utilizando unha aplicación na tableta e o resultado foi moi bo. Non solo aprendemos a realizar o mapa, senón a traballar na app.

Pensamos que este tipo de tarefas nos axudan para que no futuro, cando teñamos que enfrentarnos aos momentos de estudo os nosos pequenos teñan as ferramentas necesarias para organizar o seu traballo.

Deixámosvos algunhas fotos do proceso.


https://photos.app.goo.gl/Jiy3GEN9XiJHk2gT9
Fai clic na imaxen para ver máis.