miércoles, 10 de octubre de 2018

Outra vaca no millo!

E de novo e sen previo aviso o martes o cole apareceu cambiado e todos sabiamos que algunha sorpresa habería...

Ovellas, vacas, galiñas e pitiños, porcos... novos carteis... porfolios con traxe novo... UN NOVO PROXECTO COMEZA XA!

Cheos de ilusión e de ganas entramos en clase e descubrimos o noso novo porfolio, que coma ben dicía algún esta vez se vestira con traxe de pel de vaca... 


Ademais recibimos unha chamada moi especial. A nosa amiga, a porquiña Pig quixo saudarnos e deixar nas nosas mans a misión de resolver un problema que lle preocupa moitísimo, e é que a xente cada vez quere ir menos ao campo e xa ninguén quere traballar cos animais nas granxas. 

Nós prometemos aprender moitas cousas e tratar de dar algunha solución a este problema tan grande que entre bágoas nos contou a nosa amiga. 

Por último, fixemos a metacognición inicial para reflexionar sobre todo aquelo que queremos traballar e que xa sabemos antes de comezar o proxecto. Unha parte fundamental dentro do noso traballo que con moitas ganas e concentración levamos a cabo. 


Pouco a pouco iremos contándovos máis cousas desta nova aventura que acaba de comezar e esperamos que a disfrutedes tanto coma nós. 

Fai clic na imaxe para ver máis. 
Podedes ver como foi ese momento no seguinte enlace: