jueves, 6 de diciembre de 2018

Visita á granxa

Entre moitos nervios e coa ilusión a tope, o mércores pola mañá visitamos a granxa da nosa amiga Chus, que un par de semanas antes nos visitou no cole. 

Preparados coas nosas botas e con moitas preguntas chegamos a Morlán, en Trazo. 

Alí, comenzamos vendo as vacas e dándolles de comer, despois poidemos ver os cuchos e incluso saudalos cunha caricia. Continuamos coas galiñas, co porco, recollemos ovos, vimos como se lle poñía a semilla a unha vaca, subimos ao tractor... 

Un día súper completo que tivemos a oportunidade de vivir gracias á amabilidade de Chus e Javier aos que sempre estaremos moi agradecidos. Coñecer de cerca a vida nunha granxa e por encima de todo o respecto e o amor polos animais é algo que sin eles non houbese sido posible. 

E como cremos que unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámosvos o enlace ao álbum de fotos para que poidades ver o ben que o pasamos. Desde logo, unha experiencia única que non podía faltar no noso proxecto "Outra vaca no millo". 




Fai clic na imaxe para ver máis.