Unha das actividades que tivemos que levar a cabo durante o noso proxecto foi entrevistar a algún membro da nosa familia, ou algún coñecido, para que nos contase cousiñas sobre a vida na granxa e sobre como cambiou o mundo rural desde fai uns anos.
Como sempre, temos a sorte de que as nosas familias participan dun xeito moi activo e conseguimos obter moitísima información sobre todo o tema.
Tras o atento visionado de todos os vídeos sacamos moitísimas conclusións que nos axudarán á realización do produto final do proxecto, o cal tamén decidimos e vos contaremos proximamente.
Nas fotos podedes ver como facemos unha rutina de pensamento chamada "Titulares", na que explicamos as conclusións sacadas despois de ver os vídeos.
Desde logo, unha semana intensa de traballo.