Co mes de outubro comezamos a traballar o xadrez.
Déronnos a benvida as marionetas do taboleiro e axudáronnos a recordar cousas como a forma cadrada do taboleiro, as cores branca e negra, as 64 casillas (8 por fila e columna), o número de cada unha das pezas, os diferentes movementos...
Ademais recordamos o importante que nos ensina xogar ao xadrez, o respeto ao compañeiro co que xogamos, a atención, o silencio, o cumprimento das normas, anticiparse aos movementos...
E coma sempre, o importante é aprender divertínose, así que tamén movemos un pouco o corpo coas cancións do xadrez e do taboleiro.