sábado, 3 de octubre de 2020

XOGAMOS COAS SUMAS

Un bo xeito de aprender e practicar as sumas é a través do xogo. Por iso, Emat proponnos un Matixogo chamado Glup-Glup que nos axudou a repasar as sumas. 

Por parellas (desinfectando o material antes e despois do seu uso e evitando compartilo) había que lanzar os cubos numéricos e co resultado de sumar os dous números que quedaban boca arriba, collíase a ficha que cubre o resultado e así íase acumulando fichas.