Nalgunhas sesións de xadrez ímos á biblioteca do cole e alí realizamos partidas no taboleiro xigante. O divertido destas partidas é que as pezas do xogos somos nós mesmos.
Nesta partida estabamos repasando e practicando os movementos do peón e polo tanto xogamos seguindo eses movementos. Colocámonos nas posicións iniciais, cada equipo, brancas e negras, e xogamos a partida, decidindo entre todo o equipo os movementos a realizar, tendo en conta o desplazamento do peón polo taboleiro e como captura ás outras pezas.
Tamén tiñamos que ter en conta no só o movemento a realizar, senón tamén planificar os seguintes, xa que o xadrez é un xogo de estratexia.