miércoles, 2 de diciembre de 2020

CIBEREMAT

Dentro do traballo que realizamos nas sesión de matemáticas con Emat, todas semanas, temos que dedicarlle uns 20 minutos a Ciberemat. 

É un enlace a través do cal accedemos a xogos matemáticos que nos axudan a practicar e mellorar nos coñecementos que ímos traballando nas clases de Emat cada día.

Os nenos e nenas de Segundo temos o noso ratiño de Ciberemat os mércores, despois do recreo. Cada un accede cos seus datos (usuario e contraseña) e durante eses minutos cada un vai avanzando ao seu ritmo.