Como o curso pasado quedou pola metade, non puidemos continuar co traballo en educación emocional que tanto nos gustaba co noso amigo Draco.
Así que este curso ímos continuar aprendendo a xestionar as nosas emocións coa axuda de Draco e os seus amigos Andreia, o Sabio, as toupas...
Comezamos lendo o conto de Draco no que estaba xogando cun amigo que lle quitou o seu xoguete preferido a Draco e este reaccionou enfadándose tanto que botou lume pola boca e estropeou o xoguete. Estando nesa situación apareceu no Monte Aloia onde coñeceu á fada Andreia que lle acompañará nun viaxe de aprendizaxe polas emocións.
Xa coñecemos e cantamos a canción de Draco e tamén estivemos coloreando as marionetas de Draco e de Andreia.