martes, 23 de febrero de 2021

DEFENSORES DENTAIS

O alumnado de 2° tivo unha colaboración especial gracia a Colgate quenos enviou unha caixa moiespecial con material moi interesante co que estivemos traballando nas clases de Ciencias Naturais.

Entre o material que nos enviaron hai un vídeo no que coñecimos aos Defensores Dentais, e como loitan con tra a caries e os danos nos nosos dentes e boca. Ensináronnos como cepillar os dentes e as comidas que debemos evitar para non dañar os nosos dentes.

Despois completamos unha serie de misións entre as que tiñamos que atopar un tesouro a través dunha serie de pistas sobre as aventuras dos Defensores Dentais. Despois desentreñamos un laberinto e, por último, un puzzle matemático.

Ademais regaláronnos un pequeno kit de cepillo e pasta de dentes!!!!!