Unha das tarefas importantes que se realizan ao comezar un proxecto é a metacognición inicial. Nela completamos unha serie de cuestións sobre o proxecto e o momento no que estamos. Preguntas sobre o que xa sabemos, o que nos gustaría aprender, como nos sentimos...
É un momento de pensar con tranquilidade sobre a nosa experiencia, os nosos coñecementos, as nosas emocións ante a nova aprendizaxe...
No seguinte vídeo, os nenos e nenas de 2° o explican moi ben.