Comezamos o novo proxecto do trimestre "Viaxeir@s polo mundo" no que traballaremos o concepto de tempo, a medición do mesmo, os etapas na vida das persoas, os tempos dos verbos...
Coa emoción do novo proxecto xogamos no Desafío inicial, por equipos, con adiviñas que tiñamos que ler e adiviñar o resultado, para despois localizalo a través dos códigos QR.
Continuamos completando os Plans de equipo co nome para designar ao equipo, os compromisos e obxectivos persoais e de grupo e as responsabilidades de cada un (coordinador, supervisor, secretario e portavoz).