martes, 21 de junio de 2022

SEMENTANDO GALEGO

 Coma unha das actividades finais deste curso na materia de Lingua Galega, fixemos un mural onde cada un de nós aportamos dúas palabras en galego; a que máis nos gustase na nosa lingua e unha que aprendésemos durante este curso.

Tamén fixeron esta actividade xunto a nós os nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria, polo que ao final quedou un mural precioso con un montón de palabras galegas diferentes.

Deixámosvos aquí unhas fotografías para que poidades ver o fermoso que quedou o noso mural!