lunes, 13 de junio de 2022

UN DÍA NA GRANXA

Hoxe recibimos a visita dunha vella amiga que se chama Chus, e que ten unha explotación ganadeira. 
Chus pasou unha parte da mañá con nós para explicarnos como é o traballo nunha granxa e todas as cousas que ten que facer ao longo do día para que os seus animais estean ben atendidos.
 


Previamente a esta visita, na clase fixemos unha rutina de pensamento que se chama PREGUNTAS CREATIVAS, na que reflexamos todas as dúbidas que tiñamos sobre o traballo de Chus, e ao longo da visita aproveitamos para solventalas todas. 



Moitas gracias por dedicarnos un anaquiño do teu tempo Chus, e por acudir ao noso cole sempre que o necesitamos.