O pasado venres tivemos a oportunidade de visitar o Museo do Pobo Galego, situado ao lado da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval.
Durante a nosa visita, tivemos a oportunidade de facer un taller sobre a pesca e a actividade mariñeira, algo de especial importancia na nosa comunidade. Grazas a Carme, a guía do museo, aprendemos sobre as diferentes artes da pesca e as diferentes embarcacións que se poden utilizar, entre outras cousas.
A continuación fumos "de pesca" e, como bos mariñeiros e mariñeiras, tivemos que escoller o que podíamos e non podíamos pescar, vendo o tamaño dos peixes e clasificándoos para a súa venda ou descarte segundo ou non fosen do tamaño adecuado.
En resumo, aprendimos moito sobre un sector moi importante na nosa comunidade e divertímonos moito!