martes, 5 de abril de 2022

COMPARTIR MOMENTOS

Hoy por la tarde hemos estado viendo el producto final del proyecto de nuestros compañeros y compañeras del segundo ciclo de educación infantil. 

Ellos han trabajado todo el trimestre sobre la música y han terminado dando un concierto para los niños y niñas de 1º y 2º de Educación Primaria. 

Os dejamos algunas fotos y el vídeo de la actuación. 

Compartir momentos y alegrarnos de los logros de los demás también es un aprendizaje. 










viernes, 1 de abril de 2022

O NOSO RECETARIO

Ao longo deste 2º trimestre, unha das cousas que aprendemos e traballamos en Lingua Galega foron as receitas. 

Para aprender dunha maneira un pouco máis divertida, e tamén practicar o galego, decidimos facer un recetario facendo todas as nosas comidas favoritas.

Desfrutamos moito facéndoas e tamén divertímonos moito vendo as receitas de todos os nosos compañeiros e compañeiras na clase!






Deixámosvos aquí unha copia para que tamén poidades ver o noso traballo. Agardamos que vos guste e que o pasedes tan ben coma o pasamos nós facéndoo!




jueves, 31 de marzo de 2022

ANIVERSARIOS DE MARZO

En marzo tivemos moito que celebrar. Deixámosvos por aquí a fotos de todos os cumples que tivemos. 

Parabéns a todas!



viernes, 25 de marzo de 2022

CREANDO CONCIENCIA

Na tarefa 4 do noso proxecto aprendemos a importancia de aforrar auga.

Para facelo, traballamos en equipo e pensamos en consellos para ensinar a outros a non malgastar este ben tan prezado. 

Despois de moito investigar aprendemos a facer un pequeno mapa mental, igual que fan os maiores do cole. Despois autoavaliamos o noso traballo e coavaliamos o dos compañeiros de equipo. 

Como podedes ver, pouco a pouco aumentamos o nivel de traballo de avaliación do mesmo. 

Diana de autoavaliación e coavaliación.








lunes, 21 de marzo de 2022

A VOZ DO NENO

Deixámosvos aquí o xornal realizado durante a Semana da Prensa, no que todo o colexio colaborou para a súa realización. 

A nosa aportación está ao final, xa que realizamos unha parte da sección de ARTE E ENTRETEMENTO. 

Agardamos que vos guste!

VISITA AO CIPX

Hoxe visitamos o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostelan, situado no parque de Belvís. Alí faláronnos de biodiversidade e da importancia de coidar o planeta, empezando por todo aquelo que temos ao noso arredor. 


Despois construimos os nosos propios ecosistema, un desértico e dous atlánticos. En caixas de madeira reciclada plantamos árbores e plantas propios destes ambientes. 




Finalmente, contribuimos á naturalización do rego do Canelón de Sar. Alí plantamos 6 árbores autóctonas coas nosas propias mans e esperamos que crezan moito e que poidamos desfrutar delas. 

Pequenas accións que axudan a cambiar o mundo e que crean conciencia nas nosas cabeciñas. 

Fai clic na imaxe para ver máis. 




LECTURA EN VOZ ALTA EN GALEGO

Ao igual que na materia de Lingua Castelá, este ano comezamos a ler en voz alta en Lingua Galega.

De maneira semanal practicamos unhas páxinas dun libro en galego na casa, fixándonos na puntuación e na entoación, así como tamén no volume e na nosa postura corporal...

Así, unha vez por semana, imos á biblioteca e lemos diante da nosa clase e mostramos o practicado na casa, fixándonos nos acertos e nos erros cometidos e intentando mellorar entre todos.