Ao igual que na materia de Lingua Castelá, este ano comezamos a ler en voz alta en Lingua Galega.
De maneira semanal practicamos unhas páxinas dun libro en galego na casa, fixándonos na puntuación e na entoación, así como tamén no volume e na nosa postura corporal...
Así, unha vez por semana, imos á biblioteca e lemos diante da nosa clase e mostramos o practicado na casa, fixándonos nos acertos e nos erros cometidos e intentando mellorar entre todos.