Hoxe visitamos o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostelan, situado no parque de Belvís. Alí faláronnos de biodiversidade e da importancia de coidar o planeta, empezando por todo aquelo que temos ao noso arredor.
Despois construimos os nosos propios ecosistema, un desértico e dous atlánticos. En caixas de madeira reciclada plantamos árbores e plantas propios destes ambientes.
Finalmente, contribuimos á naturalización do rego do Canelón de Sar. Alí plantamos 6 árbores autóctonas coas nosas propias mans e esperamos que crezan moito e que poidamos desfrutar delas.
Pequenas accións que axudan a cambiar o mundo e que crean conciencia nas nosas cabeciñas.
Fai clic na imaxe para ver máis. |