Cando chegamos dividíronnos en dous grupos e xunto coa nosa guía fixemos un taller e visitamos todo o museo. A verdade é que foi moi divertido e nos explicaron en que consiste isto da arte contemporánea, que así de primeiras parece tan rara, pero que en canto te paras a observala empeza a coller sentido...
Primeiro fixemos un taller no que nós mesmos fomos os artistas, e tivemos que facer unha serie de obras de arte con diferentes materiais e de diversas formas.
Despois, a nosa guía, axudounos a entender como pintar un cadro abstracto, como as formas xeométricas, esas que traballamos en mates , tamén poden ser arte, como mirar unha escultura, como posar para unha foto e por que facelo... que interesante isto da arte!
Unha experiencia diferente que nos fixo aprender cousas novas e apreciar outro tipo de arte que non sempre está tan ao noso alcance. Deixámosvos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos!