Dentro da Semana de Animación á Lectura que se está a celebrar no noso cole polo Día do Libro, unha das actividades é a dos contacontos en varias linguas.
O luns tivemos a sorte de disfrutar de dous contacontos. O primeiro foi coa teacher Iria que nos visitou para contarnos o conto "The Bremen Town Musicians" a través da web MyOn que empregan os compañeiros maiores de primaria nas súas lecturas en inglés. Gustounos moito e ademais sabiamos moito do vocabulario en inglés dese conto.
Xa pola tarde, a nosa titora Cris sorprendeunos co contacontos "Alicia no país das maravillas" en galego. Foi moi especial porque montou unha mesa de té para celebrar un "non cumpreanos" como fai no conto o "Sombrerero Loco" no conto.