Xa rematado o noso proxecto "Viaxeir@s polo tempo", aquí vos deixamos o noso produto final.
Cada equipo elixiu un tema relacionado co traballado durante o proxecto (os días da semana, os reloxos e horas, os meses do ano e as estacións) e unha música coñecida que lles gustase. Despois dedicáronse a compoñer as letras dos temas musicais que serán o produto final.
Estas cancións quedarán como materiais para aprender para os nenos máis pequenos (infantil e primeiro de primaria).
Desexamos que vos gusten tanto como a nós, os nenos e nenas de segundo, facelo.