lunes, 12 de abril de 2021

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA

Comezamos novo proxecto para este terceiro trimestre.

Tocará traballar e coñecer cousas sobre a auga. Onde podemos atopala, en que forma, a súa importancia na nosa vida, como debemos coidala...

O primeiro día de proxecto sempre está cheo de sorpresas e ilusións. Primeiro porque chegamos ao cole e atopámonos coa nova decoración que serpre é sorprendente. Un arco da vella, nubes con choiva, paraugas colgados do teito, os nosos nomes en gotas de cores...

Despois de ver a decoración, pasamos a falar do título do proxecto e a identificar os fíos condutores. 

A continuación coñecimos o desafío inicial que foi un divertido xogo chamado "Embaixadores da auga" no que, por equipos, tiñamos un taboleiro, dados e unha ficha cada xogador. Ao longo do taboleiro había diferentes casillas con informacións sobre os usos da auga. Dependendo de se a casilla trataba un bo uso ou non da auga, perderiase o turno, avanzariase polo taboleiro ou retrocediase polo mesmo.

Para finalizar este día intenso completamos a tarefa 0 do porfolio na que realizamos a metacognición inicial e o plan de equipo.