Dentro do noso proxecto "Nunca choveu que non escampara" estamos a participar nunha plataforma on line de Viaqua e Ciencia Divertida.
Durante un mes, entre maio e xuño, podemos desfrutar de ter aceso a esta plataforma na que a través de xogos, vídeos e experimentos podemos aprender o ciclo da auga urbana nunha cidade (a distribución dos diferentes lugares que se empregan nunha cidade para a potabilización, a distribución e a depuración) e os usos da auga nas nosas casas.
Ademais traballamos outros temas coma o cambio climático e a sostenibilidade que tan vinculados van ao bo uso da auga.