jueves, 3 de diciembre de 2020

TA-TUM

Para motivarnos en la lectura, desde nuestro colegio, utilizamos la aplicación de Ta-Tum, gracias a la cual nos convertimos en investigadores que deben conseguir puntos y medallas a través de pesquisas que debemos completamos con acierto. 

Para ello seleccionamos un libro entre toda la clase, en Segundo elegimos "Andrea y el  cuarto rey  mago", que vamos leyendo tanto en momentos de lectura del cole como en casa. A veces de manera individual y ptras practicando en voz alta. A medida que vamos avanzando con la lectura nos van apareciendo pesquisas que suelen ser preguntas sobre la lectura. Con cada pesquisa que vamos completando ganamos puntos o incluso medallas hasta finalizar el libro. 

Una manera de divertida de acercarnos a la lectura y de dejarnos llevar por la imaginación siendo expertos detectives lectores.









miércoles, 2 de diciembre de 2020

CIBEREMAT

Dentro do traballo que realizamos nas sesión de matemáticas con Emat, todas semanas, temos que dedicarlle uns 20 minutos a Ciberemat. 

É un enlace a través do cal accedemos a xogos matemáticos que nos axudan a practicar e mellorar nos coñecementos que ímos traballando nas clases de Emat cada día.

Os nenos e nenas de Segundo temos o noso ratiño de Ciberemat os mércores, despois do recreo. Cada un accede cos seus datos (usuario e contraseña) e durante eses minutos cada un vai avanzando ao seu ritmo.







martes, 1 de diciembre de 2020

SOMOS PEÓNS

Nalgunhas sesións de xadrez ímos á biblioteca do cole e alí realizamos partidas no taboleiro xigante. O divertido destas partidas é que as pezas do xogos somos nós mesmos. 

Nesta partida estabamos repasando e practicando os movementos do peón e polo tanto xogamos seguindo eses movementos. Colocámonos nas posicións iniciais, cada equipo, brancas e negras, e xogamos a partida, decidindo entre todo o equipo os movementos a realizar, tendo en conta o desplazamento do peón polo taboleiro e como captura ás outras pezas. 

Tamén tiñamos que ter en conta no só o movemento a realizar, senón tamén planificar os seguintes, xa que o xadrez é un xogo de estratexia.






 

miércoles, 4 de noviembre de 2020

SOMOS AUTÓNOMOS

Durante as clases traballamos de moitos xeitos (explicacións, fichas en papel, fichas interactivas, caderno de Emat...), pero unha das maneiras que máis nos gusta traballar é cando collemos a tableta e os auriculares e traballamos de xeito autónomo seguindo as indicacións da profe. 

Normalmente traballamos co Google Classroom, dentro dunha das clases (Lengua, Naturais, Sociais...) e ahí eliximos o tema a traballar dentro do cal atopamos vídeos explicativos moi entretidos e fichas interactivas que permiten autocorrexirse.  

Así podemos repasar e traballar, o que a profe nos explicou, de xeito autónomo e ao noso ritmo, empregando as novas tecnoloxías, que tan importantes son na metodoloxía do noso cole, vendo os vídeos tantas veces como precisemos, facendo as fichas e correxíndoas para practicar ata que nos saian ben, fixándonos nos erros.










lunes, 2 de noviembre de 2020

DIETA SAUDABLE

 Dentro do proxecto "A vaquiña polo que vale" estivemos traballando a orixe dos alimentos e como debe ser unha dieta saudable, na tarefa 2 do noso proxecto.

Primeiro coñecemos de onde proveñen moitos dos alimentos que tomamos a diario, as plantas e cereais son de orixe vexetal, carnes, peixes, lácteos... son de orixe animal e a auga e o sal de orixe mineral. 

A continuación vimos a importancia de manter unha dieta saudable eequilibrada na que hai que comer un pouco de todo e variar as nosas comidas mesturando verduras, froitas, cereais, peixe, carne, lácteos... e evitando comidas moi grasas e con moito azucre.

Para entender mellor esta dieta saudable, estivemos creando o noso plato saudable como podedes ver nas fotos. Nun plato dividido nas proporcións axeitadas, estivemos pegando os debuxos de alimentos no apartado correspondente.








viernes, 30 de octubre de 2020

USAMOS LA CALCULADORA

Entre los materiales que tenemos en el estuche de Emat está una peaueña calculadora. En alguna sesión de Mates la usamos para aprender a hacer cálculos con ella y además nos divertimos.

Una actividad que solemos hacer con la calculadora es, por parejas, por turnos, uno dice una operación y el otro tiene que hacerla en la calculadora, pero antes de dar al igual debe decir el resultado y comprobarlo después con la calculadora.

Importante que mientras jugamos mantenemos los cuidados necesarios como la mascarilla, cada uno en su silla y sin compartir el material. Porque se puede aprender y jugar cuidándonos mutuamente.








miércoles, 28 de octubre de 2020

FACEMOS ESQUEMAS

Dentro do proxecto " A vaquiña polo que vale" aprendimos o que é un esquema e para que serve: organizar as ideas principais, destacar conceptos importantes, visualizar contidos...

Aproveitando que estivemos aprendendo moito sobre os animais, para clasificar os cinco grupos dos vertebrados (mamíferos, aves, peixes, anfibios e reptís). Primeiro vendo diferentes vídeos que nos explicaban as características máis importantes de cada tipo e despois completabamos a parte do esquema correspondente entre todos seguindo o modelo da pizarra.