lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER

Como cada 8 de marzo conmemórase o Día da Muller e o alumnado do curso de segundo de primaria tivemos unha actividade moi especial para recordar que todos somos iguais polo feito de ser persoas e que tanto homes coma mulleres poden desempeñar os mesmos traballos e ter os mesmos dereitos.

Primeiro escoitamos un conto titulado "Qué aburrido es ser una princesa rosa" no que unha princesa chamada Carlota quería viaxar, saltar, bailar e vestirse con roupa de moitas e non só de cor rosa, pero non a deixaban porque lle dicía  que as princesas eran coma rosas, moi delicadas, pero Carlota era unha nena!

Despois tivemos unha conexión por Meet moi interesante. Puidemos falar cunha muller policía nacional, Paula, que nos contou moitas cousas sobre o seu traballo, como decidiu ser policía, cantas mulleres traballan con ela,  como é a súa relación cos seus compañeiros homes...






jueves, 4 de marzo de 2021

TITULARES

Dentro do noso proxecto "Viaxeir@s polo tempo" realizamos diferentes rutinas de pensamento que nos axudan a reflexionar sobre os nosos coñecementos, experiencias, aprendizaxes... 

Unha destas rutinas chámase "Titulares" e o que facemos nela é pensar en catro ideas, coñecementos ou experiencias e as recollemos en titulares sinxelos, escribindo en poucas palabras a idea principal que queremos transmitir.

Neste momento estabamos a traballar sobre o nosos desenvolvemento persoal e a profesora pediunos que pensaramos en catro momentos, da nosa vida, que recordamos con especial cariño.

A continuación, hai un vídeo no que algúns compañeir@s comparten algún deses titulares.



lunes, 1 de marzo de 2021

MEDIMOS PERÍMETROS

Con Emat aprendemos moitas cousas e ademais dun xeito divertido e práctico. Neste caso ímos contarvos como aprendimos a medir perímetros, empregando diferentes obxectos da nosa aula.

Por equipos, estivemos medindo unha mesa de equipo, a pantalla, a porta da aula e unha estantería.

Primeiro tiñemos que rodear o obxecto a medir, cunha corda. Despois, a parte da corda eregada para rodear o obxecto, a estiramos no chan e, a continuación, cunhas cintas métricas, dun metro cada unha, medimos a distancia de corda empregada. E así, obtivemos o perímetro.

Aquí podedes ver un video co noso traballo.




martes, 23 de febrero de 2021

DEFENSORES DENTAIS

O alumnado de 2° tivo unha colaboración especial gracia a Colgate quenos enviou unha caixa moiespecial con material moi interesante co que estivemos traballando nas clases de Ciencias Naturais.

Entre o material que nos enviaron hai un vídeo no que coñecimos aos Defensores Dentais, e como loitan con tra a caries e os danos nos nosos dentes e boca. Ensináronnos como cepillar os dentes e as comidas que debemos evitar para non dañar os nosos dentes.

Despois completamos unha serie de misións entre as que tiñamos que atopar un tesouro a través dunha serie de pistas sobre as aventuras dos Defensores Dentais. Despois desentreñamos un laberinto e, por último, un puzzle matemático.

Ademais regaláronnos un pequeno kit de cepillo e pasta de dentes!!!!!









 

viernes, 19 de febrero de 2021

A MULLER E A NENA NA CIENCIA

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", dende a AECC propúxenos realizar unha actividade que axedase a entender a realidade das mulleres na ciencia, ao longo da historia e tamén que o xénero non ten relación coas capacidades de cada un.

Primeiro vimos un pequeno vídeo no que unha nena e unha investigadora, especializada en cancro, falaban sobre o que é a ciencia, a súa importancia, a realidade das mulleres (nomeáronse varias coñecidas)...

Despois, cada un coloreu unha bata branca de científico con cores alegres e as colgamos no ventanal da nosa aula verde.





 

viernes, 12 de febrero de 2021

METACOGNICIÓN INICIAL

Unha das tarefas importantes que se realizan ao comezar un proxecto é a metacognición inicial. Nela completamos unha serie de cuestións sobre o proxecto e o momento no que estamos. Preguntas sobre o que xa sabemos, o que nos gustaría aprender, como nos sentimos... 

É un momento de pensar con tranquilidade sobre a nosa experiencia, os nosos coñecementos, as nosas emocións ante a nova aprendizaxe...

No seguinte vídeo, os nenos e nenas de 2° o explican moi ben.



viernes, 5 de febrero de 2021

PARES Y NONES

Aprendimos un juego de manos por parejas que nos ayuda a reconocer y practicar los números pares e impares. 

Cada uno de la pareja se reparte si es par o impar. Después se esconde una de las manos a la espalda y se canta una canción: "un, dos, tres, par o impar" y se saca la mano escondida marcando con los dedos un número. A continuación, se suman todos los dedos que marcan las dos manos y si el resultado es un número par, gana el compañero par y viceversa.