lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER

Como cada 8 de marzo conmemórase o Día da Muller e o alumnado do curso de segundo de primaria tivemos unha actividade moi especial para recordar que todos somos iguais polo feito de ser persoas e que tanto homes coma mulleres poden desempeñar os mesmos traballos e ter os mesmos dereitos.

Primeiro escoitamos un conto titulado "Qué aburrido es ser una princesa rosa" no que unha princesa chamada Carlota quería viaxar, saltar, bailar e vestirse con roupa de moitas e non só de cor rosa, pero non a deixaban porque lle dicía  que as princesas eran coma rosas, moi delicadas, pero Carlota era unha nena!

Despois tivemos unha conexión por Meet moi interesante. Puidemos falar cunha muller policía nacional, Paula, que nos contou moitas cousas sobre o seu traballo, como decidiu ser policía, cantas mulleres traballan con ela,  como é a súa relación cos seus compañeiros homes...