Dentro do noso proxecto "Viaxeir@s polo tempo" realizamos diferentes rutinas de pensamento que nos axudan a reflexionar sobre os nosos coñecementos, experiencias, aprendizaxes...
Unha destas rutinas chámase "Titulares" e o que facemos nela é pensar en catro ideas, coñecementos ou experiencias e as recollemos en titulares sinxelos, escribindo en poucas palabras a idea principal que queremos transmitir.
Neste momento estabamos a traballar sobre o nosos desenvolvemento persoal e a profesora pediunos que pensaramos en catro momentos, da nosa vida, que recordamos con especial cariño.
A continuación, hai un vídeo no que algúns compañeir@s comparten algún deses titulares.