Un dos obxectivos do noso proxecto é coñecer e valorar o traballo diario que se realiza nunha granxa. Por esta razón, o pasado venres visitounos Chus, unha amiga moi especial do noso colexio que dirixe unha explotación gandeira.
Xunto a ela pasamos toda a mañá coñecendo o día a día dunha granxa, como é o traballo que se realiza, que ferramentas utilizan, que comen os animais, como se debe coidalos...
Desde logo, foi unha mañá moi productiva porque xunto a ela e toda a súa experiencia aprendemos moitísimas cousas do mundo dos animais e da granxa.
Agradecemos moito a Chus, que fixo unha parada no seu quefacer diario, que nos acompañase nesta mañá e que nos transmitise con tanto cariño toda a súa sabedoría.
O mellor é que nun par de semanas volverémonos a atopar con ela para seguir aprendendo...!
Fai clic na imaxe para ver máis. |