jueves, 15 de noviembre de 2018

As paisaxes

Estes días traballamos na clase dous tipos de paisaxes diferentes, os de costa e os de interior. 

Seleccionamos un grupo de imaxes e fixemos un gran mural con todas elas. Despois reflexionamos na clase a través dunha rutina de pensamento que se chama "Compara e contrasta" na que tivemos que analizar as semellanzas e diferenzas entre ambas paisaxes. 

Días de traballo intenso no noso proxecto que pouco a pouco avanza cara o seu final. 

https://photos.app.goo.gl/yUktsBaJ2QBZ8u4N6
Fai clic na imaxe para ver máis.