A nosa segunda tarefa do proxecto chega ao seu fin. A última actividade que desenvolvemos foi unha investigación sobre cinco dos animais máis importantes da granxa: a vaca, o porco, a galiña, a ovella e o coello.
Por equipos realizaron unha pequena investigación na que tiveron que atopar certa información relacionada co animal, como onde vive, que come, como nace, que produtos proporciona ao ser humano...
Despois, con moito traballo e dedicación cada equipo realizou o seu propio mural e o explicou para toda a clase a información recollida.
Deixámosvos algunhas fotos destas dúas semanas de traballo.
Fai clic na imaxe para ver máis. |