viernes, 2 de noviembre de 2018

Os alimentos que comemos

Despois de aprender de onde veñen os alimentos, fixemos unha pequena investigación na casa, onde durante unha fin de semana apuntamos todo o que comemos. 

Ao chegar á clase fixemos unha gráfica de barras onde analizamos os alimentos máis e menos consumidos. Ademais, xunto esa semana traballamos as gráficas de barras en matemáticas, así que aproveitamos para repasar contidos e de paso analizar os datos recollidos. 


Pero ademais, na casa, apuntamos a orixe dos alimentos consumidos, indicando se eran de orixe animal, vexetal, mineral, ou se eran procesados. 

Por último, reflexionamos sobre os alimentos consumidos que veñen envoltos en plástico e o gran consumo deste material que facemos a diario.