Esta semana puxemos punto e final ao segundo proxecto deste curso. Tempus Fugit rematou, porque como ben aprendemos nestes últimos meses, o tempo nunca se para, e o noso continúa en busca de novos retos e cousas que aprender.
Como cada fin de proxecto sempre buscamos un producto final, unha forma de que todo o que aprendemos chegue máis alá, que non se quede entre as paredes da nosa clase.
Nesta ocasión decidimos facer unha cápsula do tempo e introducir nela obxectos especiais para cada un de nós. Cousas que nos representasen e que queremos compartir con outros.
Partindo desta premisa escribimos nun papel as razóns da nosa elección e metemos todo na cápsula.
Agora solo nos queda agochala e esperar a que no futuro outros nenos e nenas a atopen e coñezan as cousas que nos gustaban a nós.
Deixamos un cachiño de cada un de nós dentro desta cápsula para compartilo cos nenos e nenas do futuro.