O noso proxecto continúa avanzando e pouco a pouco chegamos á última tarefa que se chama: Que pasa cando crecemos?
Deste xeito, durante as próximas semanas traballaremos as diferentes etapas da vida, e o venres comenzamos coñecendo a primeira de todas.
Tivemos a gran sorte de recibir a visita da profe Tania, do primeiro ciclo de infantil, unha auténtica experta en bebés, coa que pasamos a tarde do venres e que nos contou todo o necesario para poder coidar dun xeito adecuado dun pequerrecho.
Con todos os elementos necesarios (bebés, biberóns, pañales...) comenzamos aprendendo como coller un bebé e continuamos por preparar un biberón.
Proseguimos por un tema moi importante e que nos tiña moi preocupados: os pañais. Deste xeito recreamos como é iso de cambiar o cueiro dun neno e incluso poidemos practicar!
Finalmente aprendemos todo o necesario sobre como bañalos, como acostalos e as cousas que máis lles gustan. Foi toda unha sorte poder contar coa presencia de Tania na nosa clase que coa súa paciencia e cariño nos ensinou moitísimas cousas sobre esta etapa tan bonita da vida das persoas.
Millóns de gracias Tania, porque na escola non solo aprendemos a sumar, tamén aprendemos cousas do día a día da vida, e recreándoas e vivíndoas é como mellor se aprende.
Sen dúbida unha tarde diferente e moi entretida!
Fai clic na imaxe para ver máis. |