domingo, 10 de marzo de 2019

O noso álbum de fotos persoais

Durante esta semana tan cortiña na clase fixemos unha actividade moi especial. 

O noso proxecto continúa e nesta última fase centrarémonos no paso do tempo no ser humano, en como as persoas cambian desde que nacen ata que chegan aos últimos anos da súa vida. 

Por esta razón, coa axuda das familias, cada peque trouxo da casa algunhas fotos a modo de resumo da súa vida. Por cada ano vivido unha ou dúas fotos que resumisen (aínda que é moi difícil) os momentos máis importantes vividos, e tamén recompilaron algunha información que con moito cariño mamá e papá lles aportaron. 

Resultou moi bonito ver as caras de todos o xoves cando compartiron as súas fotos cos compañeiros e con moito esmero e coidado montaron o seu álbum persoal. 

Finalmente compartimos os nosos recordos con todos os compañeiros que tamén tiveron a oportunidade de coñecernos dun xeito diferente. 

Deixámosvos algunhas fotos. 


Fai clic na imaxe para ver máis.