lunes, 25 de marzo de 2019

Entrevistas y códigos QR

Dentro do coñecemento das etapas da vida e despois de traballar aos bebés e aos avós, non nos podiamos esquecer da vida adulta, é dicir, da de papá e mamá. 

Por esta razón fixémoslles unha entrevista que gravamos coa nosa tableta e que previamente preparamos entre todos na clase a través da rutina de pensamento "Preguntas creativas". Nela preguntámoslles polo seu día a día. 

Despois de realizar este laborioso traballo na clase aprendimos a xerar códigos QR. Este elemento é xa moi coñecido por nós pero ata o de agora nunca elaboráramos ningún por nós mesmos, polo que desta vez puxémonos mans a obra para facelo. 

Coa axuda de Noelia e de César cada un de nós fixo o seu código que agora luce estupendo no noso porfolio para que poidamos sempre que queiramos lembrar as palabras de papá e mamá que sempre nos axudan con moitas ganas e ilusión.