Onte tivemos a sorte de poder vivir outra experiencia diferente gracias á colaboración de Estrella e Antonio, dous avós que se animaron a acompañarnos e pasar unha tarde con nós.
Xunto a eles descubrimos como era a escola de fai algúns anos, contáronnos anécdotas e aprendemos que as cousas non sempre foron como nós as coñecemos. Vivir este tipo de experiencias axúdannos a empatizar con outras xeracións e a coñecer outro tipo de realidades.
Ademais tamén poidemos ver unha clase tal e como eran hai uns anos e que os nosos convidados nos explicaran en directo outras moitas cousas.
Agradecemos moito a presencia de Estrella e Antonio na clase e esperamos que poidan vivir con nós moitas máis experiencias porque se dúbida poder contar eles foi unha gran sorte.
Deixámosvos algunhas fotos da tarde de onte.
![]() |
Fai clic na imaxe para ver máis. |