Dentro do noso proxecto "Viaxeir@s polo tempo" tamén traballamos o desenvolvemento humano e as diferentes etapas da vida dunha persoa dende que nace ata que falece.
E ademais coñecimos unha nova aplicación para crear liñas de tempo que se chama TimeLine.
Elaboramos, por parellas, unha liña de tempo sobre un día normal da nosa vida vendo que facemos ao longo do día nas diferentes horas e colocándoas, por orde, na liña do tempo.
Traballamos así a conciencia do tempo, das horas e das rutinas diarias e a escritura no teclado da tableta.