martes, 9 de marzo de 2021

LEMOS UN XORNAL

Esta semana celébrase a "Semana da prensa" e por ese motivo traballaremos durante varias sesións o coñecemento dun xornal.

Empezamos vendo a portada dun xornal, da nosa cidade, e identificando o que alí vemos (nome do xornal, titulares, imaxes...). A continuación, páxina a páxina, ímos distinguindo as diferentes partes e seccións dun xornal (portada, opinión, nacional, internacional...).

Tamén nos paramos nunha noticia para  ver as diferentes partes empregando varias cores para destacar cada unha delas.