Para traballar e coñecer mellor o nosos esqueleto estivemos completando un coa axuda de varios tipos de pasta (alimenticia) con formas similares ás dos nosos ósos.
A partir dun debuxo do esqueleto, no que aparecían tamén os nomes de varios ósos, e coa axuda de cola de pegar e dun pincel, íamos colocando cada unha das pezas de pasta no lugar correspondente segundo o óso e a súa forma.
Un xeito divertido de aprender os ósos e a súa importancia.